Como importar marcadores e pistas en formato KML, KMZ, KMB ou GPX, GeoJSON (JSON)?
Podes importar marcadores enviados desde Organic Maps ou aplicacións de terceiros se exportan marcadores en formatos KML, KMZ, KMB e GPX, GeoJSON (JSON).
Para importar un único ficheiro:
- Localiza os ficheiros KML, KMZ, KMB e GPX, GeoJSON (JSON) compartidos cos marcadores enviados por correo electrónico, mensaxería instantánea ou almacenamento na nube, por exemplo, iCloud ou Google Drive.
- Toca unha vez ou mantén premido o ficheiro KML, KMZ, KMB, GPX, GeoJSON (JSON) cos marcadores e escolle Abrir con Organic Maps (Android) ou «Importar con Organic Maps» (iOS) na xanela emerxente.
- Abrirase con Organic Maps e verás «¡Marcadores cargados correctamente!». Podes atopalos no mapa ou na pantalla do menú de marcadores.
Tamén é posible importar marcadores e pistas por lotes:
- Abre Organic Maps e toca o botón estrela para abrir a lista de marcadores e pistas. Preme o botón «Importar marcadores e pistas».
- Selecciona un cartafol con ficheiros KML, KMZ, KMB e GPX, GeoJSON (JSON). Organic Maps escaneará, incluíndo subcartafoles e importará todos os ficheiros compatibles con marcadores e pistas. Podes escoller o cartafol raíz para buscar en todo o almacenamento.