November 27, 2026 

Organic Maps é unha aplicación gratuíta e de código aberto que deseñamos para respectar a túa privacidade. Proton comparte o noso compromiso coa privacidade das persoas usuarias. Por iso nos unimos para ofrecerche outra forma de apoiar o desenvolvemento de Organic Maps e o mantemento dos servidores.

Se xa pensabas en contratar unha subscrición de pago a Proton VPN ou a outro servizo de Proton, tamén podes axudar a financiar Organic Maps. Se te subscribes a través da nosa ligazón de recomendación (https://protonvpn.com/organicmaps), Proton destina ao proxecto unha parte do que pagas.

Esta achega axúdanos a desenvolver novas funcións, corrixir erros e cubrir os custos dos servidores e do ancho de banda para que todo o mundo poida usar os mapas sen conexión.

Esta é unha forma máis de apoiar Organic Maps. Tamén podes facer unha doazón directa, colaborar doutros xeitos ou darlle a coñecer a aplicación a máis xente.

Grazas a todas as persoas que nos axudan a que Organic Maps siga a ser unha aplicación gratuíta e de código aberto que respecta a túa privacidade. E grazas a Proton por apoiar o noso traballo!

O equipo de Organic Maps

Anuncio da colaboración entre Organic Maps e Proton VPN sobre un mapa sen conexión de Talin. Cada subscrición a través da ligazón de recomendación apoia a Organic Maps.